ALOXAMIENTO EXCLUSIVO EN SARRIA
Antica Pacios é un aloxamento boutique nacido da paixón polo deseño e a hospitalidade no corazón de Sarria, punto clave do Camiño Francés e centro cultural da comarca. Unha extensión da nosa emblemática firma Porvir39, creada como unha galería viva onde o contemporáneo e as pezas con historia converxen para ofrecer unha estancia privada e exclusiva.

Conexión WIFI de alta velocidade en todas as zonas sen custo adicional.

Vivenda recentemente restaurada con moito cariño para ofrecerche unha estancia moi especial.

Rodeada dunha zona verde na que relaxarte con diferentes zonas para charlar, ler ou simplemente descansar.

Todas as habitacións son exteriores e soleadas.

Podes selar connosco a Credencial do Peregrino.

Diferentes zonas interiores con diferentes ambientes para que poidas relaxarte como máis che guste.

A nosa historia

Arte para ser habitada
Na zona de Pacios, un dos vales máis fermosos de Galicia, Antica Pacios nace como un espazo onde o deseño e a historia converxen.

 
Con só cinco habitacións, dúas suites e un apartamento independente, ofrecemos estancias privadas e exclusivas no corazón de Sarria, un dos pobos máis significativos do Camiño de Santiago.

 
A nosa identidade é un reflexo de Porvir39, a nosa emblemática tenda de antigüidades situada actualmente na Rúa Porvir, en pleno Camiño de Santiago.

 
Desde 1985, dedicámonos a recuperar a esencia do pasado para construír o presente, e esa mesma filosofía viste cada rincón do noso aloxamento.

 
Antica Pacios é unha galería viva. Cada estancia foi coidadosamente decorada con pezas da nosa colección: desde mobiliario de época e pintura, ata obxectos de colección únicos. Aquí, o hóspede non só se aloxa; convive cunha selección de obxectos exclusivos.

 
Esta colección de antigüidades, que abrangue diversos estilos e épocas, está á disposición dos nosos hóspedes.
 
Invitamos a quen nos visitan nos nosos aloxamentos exclusivos a descubrir a historia de cada obxecto e, se o desexan, adquirir estas pezas.
 
 
Un espazo onde a arte, o deseño e a esencia de Galicia se funden nunha experiencia de coleccionismo única.
porvir39

As nosas estancias

Escolle o teu espazo

Individual

Uso individual

Dobre

Dobre superior

Dobre

Dobre superior

Dobre

Dobre estándar

Dobre

Dobre superior

Suite Deluxe

Habitación suite

Suite Deluxe

Habitación suite

Apartamento

Espazo independente

Servizos

Hospitalidade para os sentidos

Xardín privado

Zona office

Aparcamento

Cargador eléctrico

(Consultar dispoñibilidade)

Piscina

(Temporalmente non dispoñible)

Almorzo

Coñece Sarria

Máis que unha parada no Camiño

Sarria non é só un alto no Camiño de Santiago; é una vila que naceu dun mandato real para servir ao peregrino. Fundada en 1194 polo rei Afonso IX como Vilanova de Sarria, este enclave foi deseñado estratexicamente para ser o bastión defensivo e asistencial máis importante da ruta galega.

Aloxarte aquí é somergerte nun legado medieval tanxible: desde a Igrexa de San Salvador, cunha portada románica do século XIII que deu a benvida a camiñantes durante oitocentos anos, ata a Torre da Fortaleza, última testemuña do poder do Condado de Lemos.

Ao cruzar a Ponte da Áspera para continuar a túa ruta, non só segues unha frecha amarela; segues as pegadas da historia nunha vila que foi o corazón do Camiño desde a Idade Media ata os nosos días.

Que precisas?

Tes algunha dúbida? Fánolo saber e axudarémoste o antes posible.
Enderezo

C/ Benigno Quiroga, 90 – 27600 SARRIA (Lugo)

E-mail

info@anticapacios.com

Teléfonos

+34 669 91 84 79 | +34 677 585 888

Antica Pacios. O teu aloxamento exclusivo en Sarria deseñado para o descanso